1-1 foi o resultado final dun encontro nos que os redondelanos se adiantaron cun gol de Félix aínda que os ourensanos igualarían cun tanto de penalti.

Alejandro López: «As sensación son boas porque ao final logramos sumar un punto. Somos un equipo ambicioso que de seguir nesta línea seremos capaces de todo»

Alejandro López, segundo adestrador do Ourense CF, comparecía en rolda de prensa tralo encontro no Sta. Mariña no que enfrontaba ao CD Choco e ao Ourense CF. Logo de que o seu equipo lograse un empate, tanto marcado por Zanelli no minuto 64, o adestrador amosábase contento porque “ao final logramos sacar un punto nun campo tan compricado como é este de Redondela e ante un bo rival. Quédome con boas sensacións xa que seguemos sen perder e seguimos sumando”.

López reoñecía que “O CD Choco púxonolo moi difícil, aínda que sabíamos con lo que nos íamos a encontrar. Realmente non nos sorprenderon, son un equipo que leva moitos anos compitindo moi ben na categoría e que maximiza os seus recuros”. E se algo destacaría o técnico ourensá do equipo redondelano e que “é un bloque no que moitos xogadores levan anos xogando xuntos e se nota, que ten moi bo trato de balón, técnicamente son moi bós; un equipo ofensivamente moi completo, con moi bó pé, e en fase defensiva moi organizado e ordeado”. Razóns suficientes para que pense que “é un equipo moi completo que vai a estar até o final loitando por unha das prazas que dan dereito a xogar a promoción de ascenso”.

Loita na que o Ourense CF tamén estará inmerso “dado ao arranque da tempada e a nosa situación clasificatoria somos un quipo con moita ambición que non renunciamos a nada” De feito insiste en que “xa que estamos ahí arriba imos a seguir até onde nos dé porque si seguimos nesta líneas somos capaces de todo”.

Gonza:“estamos nun momento no que ao mellor o fútbol non nos está recompensando en canto a puntos se refire con todo o que estamos a facer cada domingo, pero son dos que penso que o propio fútbol as devolve e noutro momento quizáis sen merecelo tanto gañaremos partidos”.

Igual de contento amosábase o técnico de Mougás, Gonza “pola actitud e o rendemento do equipo” e que ao final o traballo semanal que se leva nas costas termiña por reflexarse no campo, razón pola cal Gonza non dubida en “felicitar ao meus xogadores e animalos a seguir así, confiando, traballando e competindo nos partidos como o estamos a facer”. E que non é para menos a alegría de Gonza pois a imaxe do equipo redondelano foi excepcional ante o líder da categoría. Ao final os partidos hai que xogalos indepentemente do que nos diga a clasificación e en Santa Mariña puido vivir un verdadeiro espectáculo de fútbol nos que redondelanos e ourensanos fixeros as delicias dos que se achegaron ao Santa Mariña. Gonza analiza o encontro do que “me quedo cunha moi boa primeira parte do Choco”, unha primeira metade na que os choqueiros encararon ao líder e “fumos capaces de facer o noso xogo, que era o máis importante, facendo que o rival non estivese cómodo en ningún momento. Fomos capaces de frenalo en todo o que fai ben, que é moito”. E que se algo destacaría do bloque ourensano e “o alto ritmo ao que xoga e que ten unhas transicións incríbles”, e neste sentido, apunta o míster “fumos capaces de minimizarlos”.

Como non podería ser doutra maneira tamén refelxiona sobre o traballo dos seus “nos co balón estivemos ben, xeramos bastantes situacións de gol aínda que nos faltou un pouco de acougo no último tramo. Na segunda metade baixamos un pouco aínda que non perdimos a cara ao partido”.

O CD Choco íase ao descanso cunha ventaxa no marcador de 1 gol a 0, tanto firmado por Félix. Nos primeiros intres da segunda, parecía que non chegaba a reacción do Ourense até que chegou o empate e ao final unha xornada máis o CD Choco ten que conformarse cun reparto de puntos “estamos nun momento no que ao mellor o fútbol non nos está recompensando en canto a puntos se refire con todo o que estamos a facer cada domingo, pero son dos que penso que o propio fútbol as devolve e noutro momento quizáis sen merecelo tanto gañaremos partidos”.

Un resultado que imprime máis forza a un equipo para chegar a seguinte xornada, a decimoquinta, na que se enfrentará ao Arenteiro, ben. Un partido que Gonza xa nos adianta “será moi diferente ao de esta xornada. Teremos que ver o estado do campo, que últimamente non está en moi boas condicións, adaptarnos a este factor, a competir e a intentar sumar os 3 puntos que o noso obxectivo cada semana”.

Logo do empate desta xornada o CD Choco sitúase aínda na sexta posición, con  a catro puntos do Arosa SC, quinto clasificado, e a cinco do Fabril que é o último equipo posicionado nas prazas de play off.