Falamos con Alberto Suárez, adestrador do Xuvenil A, que están a facer unha gran tempada.

Se algún equipo do CD Choco está dando que falar, ese é o Xuvenil A que aínda non perdeu ningún dos partidos nas sete xornadas que levan disputadas. Seis vitorias e un empate son os nada desprezables números dun equipo que actualemnte ocupa o segundo lugar da clasificación da Liga Nacional, detrás do Celta B. Así as cousas, o bo comenzo para o equipo choqueiro adestrado por Alberto Suárez, Pablo Couñago e Hugo Álvarez, fan que as espectativas creadas sean maiores cas iniciais.

Falamos co adestrador e xogador do equipo senior, Alberto Suárez, que é o primeiro que nos aclara que “pensar agora en algo máis que intentar salvar a categoría non nos axuda e non é real e máis se nos fixamos cómo se reforzaron o resto de equipos dentro da categoría”, aínda que recoñece que “a sensación de vitorias, de que a xente se preocupe polo equipo, nos motiva e nos axuda a adestrar e querer seguir gañando”. Razón pola cal Alberto sempre dille aos seus xogadores que “nos centremos só no partido da semana”.

Certo é que se votamos a vista non moi lonxe, a tempada pasada para ser exactos, este equipo ten moito mérito porque debido ao salto dalgúns dos seus xogadores á categoría senior “tivemos que facer prácticamente un equipo novo e sempre coa intención de salvar a categoría e a rápida adaptación dos xogadores”. Uns xogadores dos que Alberto amósase orgulloso “a verdade é que fan un grupo incríble; son 20 amigos. A súa maneira de competir e adestrar fai que hoxe estemos onde estamos”. Dato obxectivo co refrenda, ademáis do segundo posto na táboa clasificatoria, é que só encaixaron un gol no que vai de Liga e foi “no minuto 95 no partido contra o Rápido de Bouzas, equipo con xogadores de moito nivel, e de penalti”, lembra Alberto.

Alberto Suárez cumpre a quinta tempada co CD Choco e a segunda fronte o Xuvenil A, aínda que, a pesar da súa xuventude, son catros os anos que leva adestrando a equipos base, como o benxamín e Infantil A.

É curioso, pero poucos son os anos se leva cos rapaces cos que agora adestra, de feito, con algúns deles adestra no equipo senior e con outros xa comparte vestiario “estamos traballando para facer canteira por iso temos un obxectivo que vai máis alá do clasificatorio”, recoñece Alberto quen engade “queremos seguir promocionando xogadores; de feito o ano pasado logramos promocionar a David, a Rancaño e a Reguera, os tres xa debutaron en Terceira División, e a Samu, xuvenil que conseguiu ser titular no equipo senior en moitos dos partido e agora está no filial dun equipo profesional como é o Rayo Vallecano”.

Ademáis de adestrador, Alberto seguro é un referente para os seus xogadores de ahí que moitos acudan a expresarlle o seu desexo de ser algún día xogador profesional. É entón cando Alberto non dubida en darlle consellos “eu insistolles en que disfruten, en que se esixan o máximo en cada adestramento, porque é imprescindible adestrar ao cen por cento e tamén a que non descoiden outros aspectos como o académico porque tamén é o seu futuro”. Alberto ademáis de xogador é inxeniero, título que sacou entrementres estudaba porque se algo tiña claro é que, aínda que é dos que pensa que deste deporte se pode vivir, “son moitos os aspectos que non dependen dun e que te poden ou non facer chegar a un equipo profesional, e xogar todo a esa carta e moi arriscado”, reflexiona o xoven adestrador. Tamén intenta inculcarlles a cultura deportiva “para mí é moi importante, e creo que hoxe en día nalgúns aspectos se está perdendo, a cultura de equipo; de que todos somos importantes, dende o que xoga de titular como o que está na grada; e espero que eles se sintan así dentro do conxunto porque para mí son todos igual de importantes porque esta unión é a que nos fai conseguir vitorias”, conclúe Alberto.