O xogador, que actualmente viste os cores choqueiros, este domingo volve a súa terra para xogar contra o equipo no que se formou como futbolista.

O Domingo ás 16.30 horas, o CD Choco ten unha cita en terras lucenses onde lles espera o Polvorín CF. Terceiro partido dunha segunda volta que como ben era de esperar preséntase moi competida; “a segunda volta nesta categoría é moi igualada, porque todos os equipos nos estamos a xogar algo polo que é moi complexo sacar resultados positivos e moito máis encadear partidos sumando”. O que fala é Alberto Suárez, xogador choqueiro, que esta fin de semana vivirá un partido diferente ao resto dos seus compañeiros. Xoga na casa, diante de amigos e familia, e contra un equipo ao que coñece ben, pois parte da súa formación como futbolista adquiriuna nel. Aspectos todos eles suficientes para enfrontar este partido con un plus de emotividade “foron moitos anos defendendo esa camiseta en categorías inferiores, dende infantís, con ese soño de poder chegar algún día ao primeiro equipo” recoñece Suárez quen engade “pódese decir que é un dos días marcado en vermello no calendario, porque ademais, ao xogar en Lugo virán familiares e amigos a verme”.

 O Polvorín CF debutou a pasada tempada na categoría da Terceira División e enfrontan esta campaña co obxectivo de consolidarse na mesma. Posicionado na zona media de táboa clasificatoria, na plaza 12 con 24 puntos, o equipo lucense é de facer boas segundas voltas “vámonos a encontrar un escenario moi complicado en Lugo, onde nos espera un equipo que nos vai pór as cousas moi difíciles. É un conxunto que ten moito nivel dentro da categoría en canto a indiviudalidades se refire, ademais teñen a posibilidade de adestrar nun horario e nunhas condicións de xogadores profesionais, e por último, é de facer moi boas segundas voltas ”, coméntanos Suárez. O xogador choqueiro sabe que “vamos a ter que estar moi ben para poder sacar algo de Lugo” e a clave para isto estará en “ser capaces de ser sólidos a nivel defensivo”. O que Alberto destaca do filial do CD Lugo é que “é un plantel con moitos xogadores novos con ganas de facelo ben para chamar ás portas do primeiro equipo. É un conxunto cun ritmo moi alto, caracterizado por un xogo combinativo e para min cunha excelente transición ofensiva, quizáis a mellor da categoría. E un equipo que intenta levar sempre o peso do partido”.

O CD Choco viaxa coa mentalidade de facturar algún punto da súa visita a terras lucenses, logo dunha semana na que o conxunto dirixido por Gonzalo adestrou moi ben. Un punto dos nove posibles destas tres últimas xornadas é o que acadou o equipo redondelano a pesar do seu bo xogo “é certo que nos últimos partidos a bagaxe de puntos non é o que nos gustaría. Penso que estamos a facer moitas mais cousas ben do que din os puntos que temos” recoñece Suárez “nese sentido o fútbol non está a ser de todos xusto con nós porque nos está a faltar esa pizca de fortuna en certos momentos ou en certas accións puntuais que igual noutras etapas da tempada sí tivemos”. Pero como a sorte está para cambiala “é cuestión de tempo para que nos volva a sonreir a fortuna e que sexamos capaces de gañar e de encadear sumas”, quizáis o domingo sexa un bó día para facelo porque se algo non depende do sorriso da fortuna é que “o equipo segue a competir e adestrar moi ben”.

Xa só queda esperar a chegada do día, Domingo, á hora, 16.30 para disfrutar dunha nova xornada ligueira que de sumar o equipo de Gonza, daría un novo paso de xigante para o obxectivo da permanencia.