O xogador asturiano reresa a súa terra por motivos laborais.

Motivos laborais é o que alegou o xogador Aitor Cañedo para non seguir vestindo a camisola vermella esta tempada. O xogador comunicaba esta semana a súa decisión. As intencións sempre foron as de quedarse no club redondelano de feito foi publicada a súa renovación fai unhas semanas, pero o feito de ser un traballo en Asturias imposibilita a súa permanencia en Redondela.

O club comprende a decisión tomada polo xogador e aínda que “é unha pena non poder contar con él porque é unha grande persoa, dende o principio integrouse moi ben no grupo e no club”, coméntanos o Presidente da entidade deportiva, Iván Crespo quen engade “seguirémolo a onde vaia e que non esquenza que en Redondela ten a súa segunda casa”.

Dende o club agradecémoslle a dúas tempadas que xogou con nós e desexámoslle a mellor das sortes nesta nova andadura laboral.