O xogador, que aínda non ten equipo, deixa o CD Choco porque tiña a intención de dar un pasiño máis tanto no deportivo como no económico.

Adrián Rodríguez non xogará esta tempada en Redondela, logo dun ano no club como xogador e como adestrador dun equipo base. O xogador chegaba ao CD Choco  o pasado curso, procedente do U.D. Ourense e aínda que a tempada non foi completa “sentínme moi a gusto dende a miña chegada, gustábame ir adestrar e a xogar”. Quizáis escoitando a Adri, poida parecer estraño que tomara a decisión de marchar da Vila dos Viaductos, de feito recoñece que “non hai ningún motivo especial que motivase a miña marcha” e insiste en que “estaba moi contento en Redondela” o que acontece é que Adri aspiraba a máis “a miña intención era dar un pasiño máis tanto no deportivo coma no aspecto económico”.

Está claro que nos tempos que corren onde todo está condicionado pola situación sanitaria na que se atope o país, a incertidume é a nova realidade que estamos a vivir por eso Adri dubida sobre o seu futuro porque aínda non ten equipo no que xogar a próxima tempada e co tema do Covid –19,  “non sei se poderei dar ese pasiño máis” ao que aspiraba o xogador que quere “seguir mellorando e crecendo

De todalas maneiras estes meses no club choqueiro servíronlle para cargar a mochila de bos recordos e lembranzas e se tivera que elexir entre todas elas, ten claro que co que se quedaría sería “coa xente en xeral, había moi bo ambente” e é por isto polo quere “desexarlles o mellor sempre; para esta tempada, para a seguinte e para as que sexan” e espera que “se quiten a espiniña destes dous anos e poidan meterse o máis arriba posible”.

Dende o club desexámoslle a mellores das sortes de cara os seus proxectos agradecenso sempre os servizos prestados.