Esta semana falamos con Adri no que é a súa primeira tempada como xogador choqueiro “estou moi contento aquí pero a decisión de seguir vinculado ao club non é só cousa miña, o que logo veña xa se falará”.

Vigués de nacemento, chegou a Redondela logo dun longo periplo por diversos equipos xa que sempre lle gustou “a pelota. Dende que teño uso de razón gústame o fútbol ademáis de ser fan, por aquel entón, dos cromos e todo aquelo que rodeaba a este deporte”. Ademáis, cos cromos “montaba os meus partidos”, quizáis por iso hoxe tamén é adestrador dun dos equipos base, o Alevín C.

Como xogador, máis ou menos xa o coñecemos, pero… ¿cómo é Adri como adestrador?

Para Adri o máis importante nas categorías formativas é que “os rapaces o pasen ben e que teñan a oportunidade de xogar o máximo posible” aínda que ben é certo que en ocasións presentase compricado a decisión de quén xoga porque “tes un plantel de 20 xogadores, todos eles coas súas historias persoais, e tes que facer unha convocatoria de 11. Todolos rapaces queren xogar, pois cada un mira o seu, e eu como adestrador teño que tomar esta decisión que é o meu traballo”. E como o disfrute e o seu obxectivo “aos meus rapaces non lles esixo resultados, é algo que me importa pouco, o que pretendo é que aprendan ao máximo”.

De feito ao inicio da tempada falou cos pais e xogadores para que “se esquezan das letras A, B e C que ao final é unha tontería porque igual dentro duns anos nin queren xogar ao fútbol, hai moitos factores que van a influir en que poidan xogar ou non. En alevíns o mellor que poden facer é disfutar e estar contentos”. Como tampoco lle gusta a estas idades anclar nunha posición a un xogador. De feito, Adrián, aínda que é dianteiro centro, pasou por todalas posicións e foi en xuvenís cando “comecei a xogar de dianteiro centro, antes sempre xogara de extremo”. Ao final, coméntanos o xogador, “vaste definindo polas cualidades técnicas- táctias que posúes máis que por decisión persoal” mais recoñece que “de dianterio en onde mellor o paso”.

Ao igual que os seus xogadores, Adri comezou moi novo nesto do fútbol, aos 7 anos, na categoría prebenxamin, no Arena La Base e en fútbol sala “porque daquela empezabas nesta disciplina” club no que estivo até infantís de segundo ano porque “en cadetes de primeiro ano fichei polo RC Celta onde estiven ata Senior, incluso cheguei a xogar no Celta B”. Pero en todos estes anos no Celta estivo cedido no Porriño, no Tudelano e no Alondras. Foi neste útlimo “onde tiven a oportunidade de xogar en Segunda B e na tempada seguinte disputamos o play off a Segunda División”. Bouzas e UD Ourense, derradeiros destinos antes de chegar ao CD Choco. “Poucos anos pero moi intensos”, reflexiona Adri ao lembrar o seu pasado futbolístico nos que pudon compartir vestiario con xogadores como Borja Iglesias, Gus Ledes ou Brais Méndez, hoxe en día xogadores da Primeira División.

Por iso, aconsellalle aos seus xogadores que vaian aos partidos do primeiro equipo e que se fixen no plantel “para que vexan que algún día poden xogar en el, pois a exemplos dabondo neste equipo como Davicin, Rancaño etc que estiveron na base e agora están no primeiro equipo. E que poden chegar a xogar en Terceira Divsión, o incluso en categorías máis alta onde o CD Choco pode estar”.

Dende que exerce como adestrador, Adri entende un pouco mellor a Gonza e recoñece, que a otros niveis, é un posto “un tanto cruel porque cando o equipo vai mal  se intenta cambiar algo e sempre cae o adestrador. Temos que pensar que  habitualmente en todalas tempadas hai xeiras negativas, e cando se está inmerso nunha delas o clube o que debería mirar é se o equipo confía no adestrador e vai con o que este di”.

De feito, non fai moito o CD Choco atravesou unhas xornadas sen puntuar ao igual que na primeira volta, e de novo foron quenes de darlle a volta para retomar a senda da vitoria. Mais quizáis se poda falar en negativo soamente a nivel resultados pois tal e como afirma Adri “sempre vin ben ao equipo, independetemente das vitorias”. E é nestes casos nos que quizáis as manías ou supersticións afloren máis para que nas ten. Adrián recoñece que, aínda que non son moitas algunhas ten como por exemplo “entrar co pé dereito ao campo ou levar sempre a mesma ropa interior en todolos partidos; sempre que me vaia ben claro” e se ademáis se algún partido saiulle ben a nivel persoal “intento á semana seguinte repetir rutina, como comida, hora de levantarme ou, incluso, facer o mismo que no día do partido anterior”. Así pois, onde non quere falar de sorte ou manías e no tema da clasifiación  “temos que ir pouco a pouco, e xa veremos onde acabamos na táboa clasificatoria”.

E paseniño tamén camiña Adri en plantexarse onde estará a tempada que ben, a pesar de que o xogador amósase “moi contento aquí” nesta primeira tempada no club redondelá “a decisión de seguir vinculado ao equipo non é só cousa miña, o que logo veña xa se falará”.