O bloque redondelano quere revertir a racha de dúas derrotas consecutivas aproveitando o factor campo o cal se presenta fundamental para a consecución dunha suma na volta do CD Choco a Santa Mariña o Domingo ás 17.00 horas. Falamos con Gonza, técnico do CD Choco e Edu Otero, xogador vermello.

Este domingo volve a competición ligueira ao Santa Mariña. Dende o 5 de xaneiro que o plantel vermello no xogaba diante da súa afición. Aspecto que se presenta fundamental para intentar sumar nunha xornada, a 21, na que o CD Choco recibe ao Rápido de Bouzas. “A ver se nos acompaña a afección e podemos sacar os tres puntos porque para nós é moi importante sumar para seguir enganchados á parte alta da clasificación”, nos comenta Gonza, técnico do equipo choqueiro. Polo que o factor campo preséntase fundamental para a consecución dos tres puntos xa que lonxe do que poda amosar a táboa clasificatoria é un partido compricado  e según o mister choqueiro “temos que seguir amosándonos fortes na casa”.

Un partido que adquire unha relevancia especial para un dos nosos xogadores, Edu Otero, que se volve a atopar, nesta ocasión defendendo diferente escudo ante os que ata fai uns meses foron os seu compañeiros “vai a ser un partido emocionante e diferente para min porque é un equipo cheo de amigos cos que compartin vestiario durante varios meses”. Aínda máis aló deste aspecto emocional Edu cre se verá un parido “moi disputado xa que ámbolos dous necesitamos a vitoria”.

Aínda que a necesidade de sumar é a mesma os motivos son ben diferentes. Entrementres o CD Choco ademais de para achegarse un pouco máis a certificación da permanencia, unha suma suporía un bálsamo logo das dúas derrotas consecutivas e tamén seguir nos postos altos da clasificación xa que dúas vitorias os dista da terceira plaza, sendo a setima a que ocupa o bloque redondelano; o Rápido de Bouzas chega a Santa Mariña en postos de descenso. O equipo vigués conta con 21 puntos colleitados de 6 vitorias e 3 empates, 10 puntos menos que o bloque choqueiro.

Xogador e técnico aseguran que o partido pasa por “a posesión do balón con o cal temos que intentar sentirnos cómodos e intentar tamén levar o control do partido”. Se algo destaca Edu do seu antigo equipo son “As individualidades. É un bloque con moi bos xogadores que en nada poden resolver o partido ao seu favor” idea refrendada por Gonza quen engade “temos que conceder o menos posible e xogar o máximo en campo rival”. Por iso para Edu a clave estará en “seguir fieis ao noso tipo de xogo, control do balón e en marcar o ritmo do xogo”.

Logo dunha moi boa semana de adestramentos, Gonza conta coa totalidade do plantel para a disputa deste segundo encontro da segunda volta.