O combinado galego dirixido por Iván Cancela xogará mañana na Ciudad del Fútbol de las Rozas, en Madrid, a final contra a Selección de Andalucía ás 11.30 horas.
Finalmente o noso xogador Vitra non viaxa a Madrid por molestias no isquio “foi unha decisión complicada pero pensó que a correcta

Logo de participar en todalas eliminatorias vestindo a equipaxe branquiazul da Selección de Galicia, o xogador choqueiro Vitra, non puido viaxar debido ás molestias no isquio que levaba arrastrando durante días. “Foi unha decisión moi complicada pero creo que tomei a correcta”, comentábanos o xogador a quen lle gustaría estar xunto co seu compañeiro Cortegoso.

O cancerbeiro choqueiro, saíu no once de inicio, e firmou un gran encontro no que o combinado galego impúxose ao das Islas Baleares por 4 goles a 1. Tantos firmados por Martín Lamelas, que fixo doblete, Iago López e Iker Hurtado.

Unha vitoria que lle da pase á final contra a Selección de Andalucía tras gañar a Extremadura por 4 goles a 0 e que se xogará mañá mércores ás 11.30 horas na Cidade del Fútbol de las Rozas en Madrid.

Estou moi contento polo pase á final”, declaraba Cortegoso despois do partido, que despois de ver ao seu próximo rival afirma que “polo que vin deles é un equipo que toca moi ben o balón, e arriba teñen moito perigo, son moi rápidos e bos”.

A Selección que venza mañá representará a España na XII edición da Competición Internacional.