O Sénior que leva tres puntos nos tres últimos partidos buscará a vitoria ante o CD Barco, este domingo ás 17.00 horas en Santa Mariña.

Ás 17.00 horas da tarde deste Domingo 13, o CD Choco recibe en Santa Mariña ao CD Barco. Si miramos la clasificación, o partido reúne todolos ingredentes para ser un partido competido e emocionante. Os dous bloques chegan á décima xornada con 13 puntos, en quinto e sexto lugar respectivamente eso sí o equipo choqueiro cun partido menos.

A anterior xornada os de Gonzalo lograron un empate a 1 ante o UD Ourense nos derradeiros minutos do encontro; un punto que terá que facer bo esta fin de semana. “Quizáis sexa necesaria unha vitoria, pero o equipo está a facer as cousas de maravilla e a vitoria chegará seguro e intentaremos que sexa este domingo”, nos comenta Yerai Couñago, xogador co que falamos esta semana “cantos máis puntos poidamos facer de aquí á final mellor”.

O equipo redondelano colleitou 3 puntos nos tres últimos partidos. Logo dunha semana intensa a nivel adestramentos e competicións o equipo “o vexo ben, con boas sensacións e con gañas de que chegue o domingo que é o que realmente lle gusta ao xogador. É certo que son 3 partidos en prácticamente unha semana, sendo o do martes un partido moi esixente polo equipo que era e polo campo no que xogamos, pero estamos preparados par competir”, afirma o xogador.

Yerai non está pasando bo momento persoal por molestias nun cadril o que se reflexa no campo no que non é capaz de dar o cento por cento “ao que máis lle fastidia esta situación é a min porque non consigo estar ben de todo; hai días no que sí, pero noutros de novo con moitas molestias; pero non queda outra que seguir adiante e intentar axudar ao equipo da mellor forma que poida até que esté ben de todo e o axude da maneira que máis me gusta”.

Este domingo ás 17.00 horas recibe ao CD Barco un equipo correoso, ao que costa superar “sabemos que será un partido duro polo tipo de rival que é e polos xogadores que ten; pero vamos a intentar que sexa un partido atractivo.” Eso sí o xogador ben sabe que o rival “intentará non deixarnos xogar ao que mellor se nos da, que é co balón. Imaxino que intentarán que estemos incómodos en todo momento e para elo terán que ser intensos”. Polo que para Yerai a clave do encontro estará “no concentrado que estemos, no ritmo que sexamos capaces de meterlle ao partido es sobre todo, en facer o que traballamos durante a semana”.