O equipo sénior factura 3 puntos na súa visita a O Couto entrementres o Xuvenil DH cae no 
seu debut en Santa Mariña.

O CD Choco enfrontaba este fin de semana os compromisos ligueiros dos dous dos seus equipos que actualmente están a competir nas súas correspondentes competicións. A primeira das citas tiña lugar o sábado en Santa Mariña no que o equipo de Alberto Suárez recibía a visita do ED Val Miñor Nigrán no que sería o seu debut non só en Santa Mariña como equipo pertencente na División de Honra senón tamén na categoría, logo de verse aplazado o súa primeira xornada.

Era moita ilusión coa que as xóvenes promesas saltaban ao campo pero tamén moito o nerviosismo o cal fíxose patente nos primeiros intres da primeira parte. Pero pronto o plantel vermello meteuse no partido dominando boa parte del sobre todo no segundo tempo no que tiveron ocasións de remotar un marcador en contra dende os primeiros minutos desta parte. Derrota con honra no seu debut tan soñado e ansiado.

Por outra parte o equipo de Gonzalo Fernández desplazábase a Ourense para desputar a cuarta xornada ante o Ourense CF. Un equipo en horas baixas, que os choqueiros souberon aproveitar. Nun partido no que parecía que ía quedar en táboas pero no último minuto Comis arranxou cun tanto que serviu para facturar 3 puntos moi importantes para o plantel choqueiro. Con este 3 puntos, o CD Choco sitúase no quinto posto da táboa clasificatoria igualado a puntos con terceiro e o cuarto, CD Estradense e Ribadumia respectivamente.

Na próxima xornada os dous equipos teñen sendos compromisos fóra do feudo redondelá. O equipo sénior visita ao líder da categoría o Arosa SC entrementres que o Xuvenil DH visitrá ao RC Celta de Vigo.