.

 

 

 

 

 

C.D. Choco

O Club Deportivo Choco fundouse no ano 1953, chegando a xogar sete tempadas na terceira división galega e tendo nas súa filas a grandes xogadores, destacando Benito Rubiñán . O seu equipo de xuvenís realizou tamén grandes tempadas, chegando a quedar quinto na Liga Nacional. Na actualidade conta cun equipo aficionado que participa na Rexional Preferente Galega grupo Sur, un equipo de xuvenís na Liga Galega e así ata equipos de promesas.
Actualmente xoga no campo de fútbol de Santa Mariña situado na saída de Redondela dirección Pontevedra, onde tamén xogan e adestran todos os seus equipos inferiores. En canto as súas cores, viste camiseta e medias vermellas e pantalón azul, sendo a segunda equipación de cor azul.

O CLUB

Tras varios anos, o campo de Santa Mariña conta cun terreo de herva sintética con novas gradas e vestiarios. Na actualidade a presidencia ostenta Iván Crespo, entre os proxectos a corto prazo é o de formar n equipo feminino e consolidar as categorías inferiores como bases fundamental ao equipo senior que xoga na terceira división nacional.

A FORMA DE TRABALLAR

O C.D. Choco conta cunha ampla canteira sempre coa mentalidade de formar deportivamente e persoalmente a cada un dos xogadores/as. A base é peza fundamental do Club para iso traballamos todos os valores á hora de formar a nosa canteira.

A idea e facer medrar a cada un dos xogadores/as para que nun futuro formen parate do equipo senior, só deste xeito o Club pode medrar en canto ao deporte e a resultados futbolísticos.

%

Esforzo

%

Canteira

%

Choco

 SPONSORS OFICIAIS

  COLABORADORES